000 03187nam a2200301 i 4500
008 220119s2021 sp g glg
017 _aVG 370-2021
020 _a9788412143362
080 1 _a92
080 1 _a929
100 _aBlanco, Isabel
_eaut
_930596
245 0 _aGalegas na ciencia
_c/ Isabel Blanco
250 _a1ª ed.
260 _aVigo
_b: Belagua
_c, 2021
_c, 1ª edición, 2ª reimpresión, outubro 2022
300 _a47 p.
_b: il. cor
_c; 28 cm
500 _a«Hai tempo que lle debía a unha amiga un libro sobre mulleres e ciencia, un libro que animase as novas xeracións a perseguir os seus soños sen importarlles o que os demais pensen; un libro que axudase a romper estereotipos de xénero e abrise as portas das ciencias a homes e mulleres por igual. E, para iso, decidín apoiarme na historia de vinte mulleres científicas. A súa elección non foi froito do azar. Os criterios de selección estiveron guiados por varias premisas. A primeira delas, a galeguidade, é dicir, que fosen mulleres, nadas ou non en Galicia —a maioría naceron aquí— cuxas vidas profesionais se desenvolvesen ou estivesen fortemente vinculadas a esta terra. A segunda premisa foi que esas mulleres atravesasen as portas —tanto tempo pechadas para elas— do mundo científico e tecnolóxico e o fixesen a pesar dos obstáculos e, en ocasións, das burlas e dos desprezos. Quixen rescatar as pioneiras, as primeiras, as que abriron o camiño para as demais. Por último, o criterio cronolóxico levoume a comezar no século xviii, onde atopei a Isabel Zendal, e terminar en 1948. As razóns para rematar nese ano foron, por unha banda, pechar unha década e, por outra, retratar parte dos anos máis difíciles de España, coa Guerra Civil polo medio. Desde logo, as décadas dos 50 e 60 do século xx tampouco foron fáciles para as mulleres, pero o maio do 68 en Francia e a segunda onda feminista que percorreu as décadas dos 60, 70 e 80 daban azos cara á procura dunha sociedade igualitaria. Aínda seguindo estes criterios quero aclarar que hai moitas máis mulleres galegas que desde o século xviii e ata os anos 50 do xx se dedicaron ao mundo da ciencia, a tecnoloxía e a investigación. Centos. E hoxe, máis de medio século despois, miles. E queremos ser centos de miles. Este libro é homenaxe e alento, é memoria e presente e, sobre todo, é saberse futuro».
520 3 _aDe Isabel Zendal (1777) a María Teresa Miras Portugal (1948), este libro recolle as biografías de vinte científicas galegas. Elas abriron as portas da ciencia a milleiros de mulleres. Da súa personalidade falan, ao mesmo tempo, os textos de Isabel Blanco e os magníficos retratos á acuarela da ilustradora María Lapido, que fan deste libro unha obra de arte.
521 _aTER
_aESO34
_aESO12
650 _aCientíficas
_xODS.5
_xODS.9
_9172310
650 _aIgualdade
_9172311
650 _aMulleres
_925588
650 _aBiografía
_91001
651 _aGalicia
_9150
700 _aLapido, María
_eill
_949457
856 _uhttps://belaguaediciones.com/inicio/82-galegas-na-ciencia.html
997 _e2