Kozlov, Serguéi

Os contos do Ourizo / Serguéi Kozlov - 1ª ed. - Pontevedra : Kalandraka , 2023 - 55 p. : il. cor ; 22 cm

Desde hai máis de cincuenta anos, os clásicos de Serguéi Kozlov están presentes nas bibliotecas e os fogares de moitas familias.
Os seus contos atemporais, escritos con claridade, emoción e un humor sutil, alimentaron a imaxinación de varias xeracións de nenas e nenos. A súa obra remite a outras series emblemáticas como tigre pequeno e oso pequeno de Janosch ou as fábulas contemporáneas de Arnold Lobel.
As ilustracións de Zuzanna Celej envolven os textos con dozura a base de acuarelas de tons suaves e augados sobre as que destaca o trazo delicado dos lapis.

«Os contos do Ourizo» reúne sete fermosos relatos protagonizados por esta entrañable criatura e outros habitantes do bosque: o Osiño, o Coello, o Esquío… personaxes que transmiten tenrura e bondade, ledicia e sensibilidade. As súas vivencias falan de como apreciar cada momento, da autenticidade e a sinxeleza; convidan a reflexionar sobre a importancia de compartir, do respecto aos demais, do coidado á contorna... Son historias divertidas e conmovedoras en que están presentes os grandes temas da infancia -curiosidade, descubrimento, soños, medos…- e presentan a vida como un camiño a través do descoñecido, con xiros inesperados e voltas do destino.

1º-2º Primaria

9788413432182


Animais
Bosque
Amizade

82-N

Coa tecnoloxía Koha